O Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC) cumpre 20 edicións

Compartir

Ourense, 17 de xuño de 2024.

O Curso de Extensión Universitaria de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC), patrocinado pola Deputación de Ourense, a Universidade de Vigo e a Axencia Galega das Industrias Culturais, e organizado pola Fundación Carlos Casares, desenvolverase do luns 24 ao venres 28 de xuño no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova (AMIC), analizando na súa edición número 20 o sector do cine e o audiovisual a través do equipo técnico de filmes como +Cuñados, As neves ou Tratamos demasiado bien a las mujeres. A matrícula pecharase o día 20 de xuño.

Este curso foi presentado hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel coa presenza do vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández.