O deputado de Deportes participa na entrega de medallas da 6ª Copa Deputación de Patinaxe Artística

Compartir

O Carballiño, 1 de novembro de 2023.- O deputado de Deportes e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou hoxe no Carballiño, na entrega de medallas da 6ª edición da Copa Deputación de Patinaxe Artística.

No evento deportivo participaron os dous clubs da provincia que practican esta modalidade de xeito federado, os organizadoras do Club Aehde O Carballiño e o CD Ourela, sendo en total ao redor de 70 participantes.