O deputado de Medio Ambiente participa na inauguración do 3º Encontro ibérico de fluídos supercríticos
Ourense, 22 de xullo de 2024.
O deputado provincial de Medio Ambiente, José María Lago, participou no Centro Cultural Marcos Valcárcel, na inauguración do 3º Encontro Ibérico de Fluídos Supercríticos que se celebrará do 22 ao 24 de xullo en Ourense.
O evento ten como obxectivo a difusión da investigación científica de alta calidade desenrolada actualmente en España e Portugal sobre unha ampla gama de temas fundamentais e aplicados sobre fluídos e procesos supercríticos.