O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou na entrega dos Premios TFG José Manuel Pérez Canal

Compartir

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou na entrega dos Premios TFG José Manuel Pérez Canal do Campus de Ourense, que levan o nome do falecido presidente da Confederación Empresarial de Ourense como referente pola súa traxectoria e valores.

Con estes premios, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, co apoio da Deputación de Ourense, distinguen ás futuras xeracións de empresarios que se están formando na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

E nos traballos quedou claro o compromiso con Ourense e o bo facer dos estudantes: houbo galardóns para TFG moi relacionados coa nosa provincia. Destacáronse traballos para poñer en valor unha ferramenta de rendabilidade aplicada ao destino "Ourense Termal", as estratexias de dixitalización no sector da moda ou o acceso aos servizos bancarios na provincia de Ourense.