O deputado Pablo Pérez asistiu á vixésima edición da romería etnográfica Raigame
Ourense, 17 de maio de 2023.- O deputado Pablo Pérez asistiu esta mañá á romaría etnográfica Raigame, coorganizada pola Deputación e o Concello de Celanova, e que nesta XX edición está adicada á figura dos oficios dos canteiros. Durante a mañá, que tamén contou coa presenza do alcalde de Celanova, Antonio Puga, entregouse o premio "Adolfo Enríquez" ao escultor Xosé Cid.