O deputado provincial de Representación Institucional asiste ao descubrimento da placa conmemorativa en lembranza do Rexemento "Zamora 8"
Ourense, 22 de setembro de 2023.- O deputado provincial de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu esta tarde no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, ao descubrimento da placa conmemorativa en lembranza do Rexemento "Zamora 8".
Posteriormente, celebrouse no Auditorio municipal o concerto da Unidade de Música do Cuartel Xeral do Mando de Apoio á Manobra (A Coruña) e a Banda de Guerra da Brigada Galicia VII BRILAT (Pontevedra). Durante o transcurso do mesmo, proxectáronse fotografías antigas do "Zamora 8" e de Ourense.