O deputado provincial delegado de Dinamización do Medio Rural asiste á I Feira Irmandiña de O Bolo
O Bolo, 14 de agosto de 2023.- O deputado provincial delegado de Dinamización do Medio Rural, Xosé M. Pérez Blecua, asistiu hoxe á I Feira Irmandiña de O Bolo. A primeira edición desta iniciativa puxo en valor a historia, o patrimonio, a cultura e os produtos locais da zona a través de diferentes actividades que xiraron ao redor dun dos monumentos máis emblemáticos da comarca valdeorresa como é o Castelo de O Bolo.