O deputado provincial delegado de Medio Ambiente e Enerxía, José María Lago, asiste á XXXVIII Xuntanza internacional de gaiteiros de Monterrei

Compartir

Monterrei, 26 de agosto de 2023.- O deputado provincial delegado de Medio Ambiente e Enerxía, José María Lago, asistiu á XXXVIII Xuntanza internacional de gaiteiros de Monterrei.

Este evento, declarado de Interese Turístico e Cultural por parte da Xunta de Galicia en 2016, reuniu no Castelo de Monterrei aos gaiteiros máis importantes do panorama mundial e desenvolveuse en dúas xornadas nas que estiveron programadas conferencias didácticas, exposicións así como outras actividades de carácter científico e de lembranza, como por exemplo a homenaxe a Nonito Pereira.

A este importante foro cultural e musical que está piques de cumprir 40 anos de historia, asistiron tamén o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; e o director da Escola de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo.