O deputado provincial Jorge Pumar acompañou á asociación veciñal O Couto na súa xuntanza de Nadal
O deputado provincial Jorge Pumar acompañou á asociación veciñal do Couto na súa tradicional xuntanza de Nadal. Nestes días, as asociacións veciñais aproveitan para reunirse, celebrar e afrontar retos pendentes.
Pumar compartiu celebración cos veciños deste barrio da cidade e escoitou as súas demandas. Houbo tempo para agasallos, bailes latinos e música coa coral Albor.