O deputado provincial José María Lago asiste á XXXIX Xuntanza Internacional de Gaiteiros en Monterrei

Compartir

Monterrei, 30 de agosto de 2024.

O deputado provincial de Medio Ambiente e Enerxía, José María Lago, asistiu hoxe á XXXIX Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei que rende homenaxe á muller gaiteira a través da figura de Áurea Rodríguez, nacida en Muntián (Cartelle) en 1897 é considerada a raíña da gaita galega por ser unha pioneira entre as intérpretes deste instrumento por ser a primeira muller documentada neste sentido.

O evento, declarado de Interese Turístico e Cultural, conta coa participación de máis de 150 participantes, reunindo neste foro a destacadas gaiteiras internacionais de Suecia, Alemaña, Bulgaria e Escocia.