O deputado provincial Rosendo Fernández visita o Belén de Alvite cos escolares de Baños de Molgas

Compartir

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, visitou o Belén de Alvite, en Baños de Molgas. Os escolares do CEIP Baños de Molgas acompañaron a Fernández na visita a este Nacemento de Nadal.

A obra, dun veciño da localidade, está elaborada con máximo detalle e estes días recibe visitas de curiosos que desfrutan da maxia do Nadal.