O deputado Rosendo Fernández participa na presentación do proxecto para a recuperación do monte de Moura, en Nogueira de Ramuín
19 de novembro de 2024.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou na presentación do proxecto de transformación bioeconómica forestal en Nogueira de Ramuín, un proxecto seleccionado polos fondos Next Generation xunto a outros 55, dun total de 163 solicitudes. O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu a presentación dos obxectivos desta iniciativa, que permitirá a recuperación do bosque envellecido do Monte de Moura para o seu adecuado aproveitamento.
O proxecto conta cuxa inversión de 1,4 millóns de euros e permitirá a transformación do monte de Moura, que pasará de ser un espazo escasamente produtivo a un ben aproveitado desde o punto de vista bioeconómico.
O presidente da Deputación, Luis Menor, achegouse ao Centro Cultural Marcos Valcárcel e saudou ao alcalde de Nogueira de Ramuín, Julio Temes, e aos responsables da organización do proxecto.