O deputado Rosendo Fernández participa no acto da Asociación de Amigos de Otero Pedrayo
O paraninfo do IES Otero Pedrayo acolleu o evento
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou esta tarde na presentación da programación cultural da Asociación de Amigos de Otero Pedrayo.
O paraninfo do IES Otero Pedrayo acolleu o acto no que se abordaron as liñas mestras a seguir durante este 2025.
A Deputación de Ourense ten na cultura un dos seus eixos estratéxicos, apoiando a este tipo de colectivos, entre outras accións.