O director da Área de Cultura da Deputación asiste ao acto de entrega das Medallas de Galicia 2024

Compartir

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2024.

O director da Área de Cultura da Deputación, Marcos Vázquez, asistiu esta mañá ao acto de entrega das Medallas de Galicia 2024 que tivo lugar no Museo Centro Gaiás – Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

Nesta ocasión, as Medallas de Galicia recoñeceron ao sector audiovisual galego: ao actor Luis Tosar, á produtora Zaza Ceballos, e á Academia Galega do Audiovisual. Trátase da máxima distinción de honra que outorga a Xunta de Galicia ás persoas ou institución polos seus méritos ao servizo de Galicia en calquera aspecto da realidade social, cultural e económica.