O director da Área de Cultura, Marcos Vázquez, asistiu á presentación do concerto solidario de Nadal que se celebrará no Teatro Principal

Compartir

O director da Área de Cultura, Marcos Vázquez, asistiu á presentación do concerto solidario de Nadal que se celebrará o próximo 21 de decembro, ás 19,30 horas, no Teatro Principal. A banda de gaitas da Asociacion Cultura Nova Fronteira será a encargada de poñer a banda sonora a este concerto.

Instrumentos tradicionais como a gaita e os tambores combinaran con baterías, saxos, trompetas e clarinetes nunha tarde que será emotiva.

O diñeiro recadado coa actuación irá destinado á asociación Pequenos Superheroes, adicada ás enfermedades raras.