O Festival das Artes Escénicas de Riós estrea "A última viaxe do afiador", de Aitor Rei

Compartir

  • O evento foi presentado hoxe no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.

O Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación da sexta edición do do Festival das artes escénicas "Abelardo Gabriel", de Riós, que se celebrará en Riós os días 2 e 3 de agosto. O acto de presentación contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o conselleiro de Cultural, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez; o alcalde de Riós, Francisco Veiga; o actor e produtor, Rubén Riós, e o cineasta Aitor Rei.

Nesta edición de 2013 terá lugar a presentación da película "A última viaxe do afiador", do cineasta Aitor Rei, unha película sobre a vida de Armando, un afiador que dedicou toda a súa vida a este oficio. Asemade, presentarase a película "A historia de un satélite, Rafael e a nai que o pariu", dirixida polas Also Sisters, dúas xemelgas que residen en Utah (Estados Unidos) e que rodan a súa primeira película en Galicia. A estas proxeccións únense outras pezas audiovisuais como: "Calíope en el camino", a webserie "Clases de lo social" e as curtas animadas gañadoras no "Festival de Cans".

Manuel Baltar destacou na presentación que un ano máis "Riós convértese na primeira semana de agosto na capital das artes escénicas de Galicia, un proxecto que a Deputación de Ourense apoia polo que isto supón de desenvolvemento rural e aposta pola nosa cultura".

Pola súa banda, Jesús Vázquez subliñou que o Festival de Riós "segue a consolidarse cunha oferta singular de artes escénicas, o que unido a súa vertente solidaria é un elemento importante de dinamización da nosa cultura no rural galego".

O Festival de Riós inaugura este ano unha sección de cine para persoas con discapacidade, coa proxección de "Sayonara Beibi" dirixida pola actriz e pedagoga Estívaliz Veiga, e presentarase un proxecto que Rubén Riós dirixirá coa asociación Aspanas Termal.

No que atinxe á música, na noite do 2 de agosto terá lugar a actuación de Daniel Minimalia, nominado aos Hollywood Music Awards, así como unha sesión Dj.

No que atinxe ao público máis novo, o Festival de Riós aumenta a variedade de actividades gratuítas para os máis pequenos durante la segunda xornada do evento, con obradoiros de teatro, música e caracterización, para diferentes idades.

O sábado 3 de agosto comezará coa inauguración da chamada "Ruta do Talento", que bautizará dos dos seus castiñeiros cos nomes de Moncho Fernández, adestrador do Blusens Monbus e Javier Gutiérrez, actor galego en series tan coñecidas como "Águila Roja". Ámbolos dous serán tamén convidados especiais na gala que se celebrará esa mesma noite.

O programa complétase con actividades deportivas solidarias, estreas teatrais como "La caja de Pandora", e monólogos de humor, a cargo de Pepo Suevos, xunto con actuacións musicais como a das Malvelas, autoras do coñecido "Pirimpimpín", e o showman Tony Lomba.