O Obradoiro de instrumentos da Deputación abre o prazo de matrícula
Ourense, 20 de setembro de 2017.- O Obradoiro de instrumentos musicais da Deputación de Ourense abre mañá xoves, 21 de setembro, ata o 6 de outubro o prazo de matrícula para o curso de construcción de instrumentos musicais. Neste curso haberá un apartado para a construcción de instrumentos medievais que aparecen no Pórtico do Paraiso da Catedral de Ourense. A matricula pódese formalizar no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense. As clases comezarán o 16 de outubro.