O Pacto Social AquaOurense traballa pola mellora do emprego na provincia

Compartir

• As entidades da mesa de traballo do eixo Emprego poñen en común iniciativas para mellorar a empregabilidade na provincia de Ourense

Ourense, 22 de setembro de 2021.- O Pacto Social, promovido por AquaOurense, a empresa mixta formada pola Deputación de Ourense e por Viaqua, ten como obxectivo dar resposta aos novos retos sociais e económicos derivados da crise sanitaria e da crise climática, apostando pola solidariedade, o emprego de calidade e a reconstrución verde na provincia de Ourense. O tecido empresarial e social de Ourense xoga un papel fundamental no Pacto Social, a través da cooperación e o diálogo que levará a cabo nas tres mesas de traballo.

Esta mañá, no Salón de Plenos da Deputación Provincial de Ourense levou a cabo a primeira mesa de traballo do eixo Emprego, na que participaron as principais entidades do armazón social da provincia, como son, ONCE, a Asociación Empresarial do Polígono de San Cibrao, o Campus da auga da Universidade de Vigo, Inorde, CEGASAL, Confederación de Empresarios de Ourense, Deputación Provincial de Ourense e AquaOurense. Todas as entidades participantes, compartiron a necesidade de traballar de forma conxunta en detectar as necesidades locais e en crear un plan de acción común que mellore a empregabilidade na provincia, co obxectivo de contribuír a unha sociedade máis xusta e equitativa impulsando o emprego de calidade, a igualdade de oportunidades, a accesibilidade e a inclusión, así como o desenvolvemento do talento e a empregabilidade.

Celebración da mesa de traballo de Empleo do Pacto Social AquaOurense

O Pacto Social continuará realizando mesas de traballo periódicas, onde se acordasen plans de acción con iniciativas concretas que contribúan coa recuperación económica e social da provincia de Ourense.

Actualmente, está a constituírse a mesa de traballo do eixo Reconstrución verde, cuxa primeira reunión celebrarase, previsiblemente no mes de outubro.