O pleno da Deputación de Ourense aproba destinar 350.000 euros para limpeza da rede viaria municipal e provincial
- Tamén se aprobou un convenio entre a Deputación de Ourense e os concellos da provincia para a prestación do servizo de inspección dos tributos municipais.
Ourense, 27 de novembro de 2015.- O pleno da Corporación Provincial aprobou hoxe reservar un importe de 350.000 euros do orzamento da Deputación de Ourense para 2016 destinado ao Programa provincial de cooperación cos concellos, que ten como obxectivo actuacións de limpeza das marxes das redes viarias municipais e provinciais. A contía de cada achega que se concederá ao abeiro deste programa será de 4.500 euros como máximo, con destino ao financiamento dos gastos subvencionables de prestación do servizo.
A finalidade desta achega é colaborar economicamente cos concellos e mancomunidades no sostemento do servizo público de limpeza da rede viaria municipal e no cumprimento das obrigas establecidas na lexislación galega de prevención de incendios forestais. Esta colaboración condiciónase a que por parte dos concellos e mancomunidades se realicen labores de limpeza das marxes das vías provinciais e municipais, co obxectivo de garantir o mantemento das vías en condicións axeitadas de limpeza e seguridade.
Tamén se aprobou na sesión plenaria de hoxe un convenio entre a Deputación de Ourense e os concellos da provincia para a prestación do servizo de inspección dos tributos municipais. Os concellos adheridos a este convenio delegarán na Deputación o exercicio das funcións que integran a inspección tributaria para a totalidade dos tributos municipais, agás aqueles que expresamente se exceptúen polo concello no acordo de adhesión.
Outros acordos do pleno
MODIFICAR A DATA DE CELEBRACIÓN DAS COMISIÓNS INFORMATIVAS E DO PLENO ORDINARIO CORRESPONDENTES AO MES DE DECEMBRO DE 2015, FIXÁNDOSE AS SEGUINTES:
-Comisións informativas de Transparencia e Administración Provincial; Especial de Contas, Facenda e Economía e Cooperación Infraestruturas e Medio Rural: día 21 de decembro de 2015, luns, a partir das 17.00 horas.
-Comisións informativas de Igualdade, Benestar e Emprego; Termalismo, Turismo e Medio Ambiente e Cultura, Deportes e Mocidade: día 22 de decembro, martes, a partir das 17.00 horas.
-Pleno ordinario: día 29 de decembro, martes, ás 10.00 horas.
APROBACIÓN DA ADHESIÓN DOS CONCELLOS DE CARTELLE E PARADA DE SIL AO CONVENIO MARCO DE COOPERACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE E OS CONCELLOS DA PROVINCIA PARA A PRESTACIÓN POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL, EN RÉXIME DE COMPETENCIA DELEGADA, DO SERVIZO DE INSPECCIÓN DOS TRIBUTOS MUNICIPAIS
Acordo:
1º.- Aceptar a adhesión ao convenio marco de cooperación entre a Deputación Provincial de Ourense e os concellos da provincia para a prestación pola Deputación Provincial, en réxime de competencia delegada, do servizo de inspección dos tributos municipais, dos concellos de Cartelle e Parada de Sil.
Os concellos de Cartelle e Parada de Sil delegan na Deputación o exercicio de todas as funcións que integran a inspección tributaria conforme coa lexislación vixente para a totalidade dos tributos municipais, excluídas unicamente as contribucións especiais e as taxas que se perciban pola prestación de servizos cuxo pagamento sexa previo á prestación dos servizos que orixinan a súa devindicación.
O ditos concellos autorizan, ademais, á Deputación Provincial para solicitar dos órganos competentes da Administración do Estado a delegación do exercicio da competencia de inspección do Imposto de Actividades Económicas, durante o período de vixencia do convenio marco.
2º.- Ordenar a publicación destas adhesións no BOP.
APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO PARA O ANO 2015, N.º6/2015
Acordo:
1º.- Aprobar a modificación, no que se refire á especificación do capítulo VII de gastos, experimentando as seguintes variacións:
-Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 "A Concellos. Cooperación provincial", prevíase unha subvención ao Concello de Montederramo para Obras complementarias na Residencia Centro de Día de Montederramo por importe de 75.000,00 euros. En base ao escrito remitido polo Concello en data 13/11/2015, sería conveniente o cambio de finalidade da dita subvención debido á existencia doutra obra de maior prioridade:
- 450.12/762.01. A Concellos. Cooperación provincial:
Beneficiario Finalidade Importe
Concello de Montederramo - Mellora do firme da estrada OU-CV 102 a Mogainza
- Mellora do firme en varios núcleos rurais 50.000,00
25.000,00
2º.- De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.
APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO PARA O ANO 2015 E MODIFICACIÓN POR BAIXA POR ANULACIÓN E SUMPLEMENTO DE CRÉDITO N.º 7/2015
Acordo:
1º.- Aprobar a modificación, no que se refire á especificación do capítulo VII de gastos, experimentando as seguintes variacións:
-Con cargo á aplicación orzamentaria 341.11/762.01 "A Concellos nominativas. Promoción e fomento do deporte", prevíase unha subvención ao Concello de Boborás para "piscina municipal". En base ao escrito remitido polo Concello de Boborás en data 18/11/2015, sería conveniente o cambio de finalidade da dita subvención debido á existencia de outra obra de maior prioridade:
- 450.12/762.01. A Concellos. Cooperación provincial:
Beneficiario Finalidade Importe
Concello de Boborás Mellora da rede viaria municipal 35.250,00 €
2º.- Como consecuencia da modificación anterior é necesario aprobar a modificación por baixa por anulación na aplicación orzamentaria 341.11/762.01 "A Concellos nominativas. Promoción e fomento do deporte" así como un suplemento de crédito na aplicación 450.12/762.01 "A Concellos. Cooperación provincial".
3º.- De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.
MODIFICACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS E DA REDE VIARIA PROVINCIAL DO EXERCICIO 2015, RELATIVO AO CONCELLO DE PONTEDEVA
Acordo:
- Acordar a modificación da obra 70/POS/2015 coa denominación "Construción de vivendas sociais en Trado, 1ª fase", correspondente ao Concello de Pontedeva, minorando en 10.000,00 euros o orzamento consignado para a execución da dita actuación, quedando fixado este no importe de 60.000,00 €.
APROBACIÓN DEFINITIVA DA MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DO CONSORCIO DE AUGAS DE VALDEORRAS PARA A SÚA ADAPTACIÓN Á LEI DE RACIONALIZACIÓN E SOSTIBILIDADE DA ADMINISTRACIÓN LOCAL
APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO PARA O ANO 2015, N.º8/2015
Acordo:
1ª.- Aprobar a modificación, no que se refire a especificación do capitulo VII de gastos experimentando as seguintes variacións:
Con cargo a aplicación orzamentaria 450.12/762.01 " A concellos. Cooperación provincial, previáse unha subvención ao Concello de Paderne de Allariz para Acondicionamento do camiño aceso o velatorio de Solveira de 13.162,46 . Que en escrito do 21 de outubro de 2015, o concello manifesta que non solicitou e que si ten solicitada a subvención e ademaís e de maior prioridade para:
-450.12/762.01 A Concellos. Cooperación provincial:
Beneficiario Finalidade Importe
Paderne de Allariz Adquisición de desbrozadora 13.162,46
2º.- De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 172.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto o público, tras o anuncio no Boletín Oficial da provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno.
O expediente considerase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.