O pleno da Deputación de Ourense aproba inicialmente o orzamento xeral para 2015

Compartir

A Corporación provincial aprobou tamén o Himno oficial da provincial de Ourense.

Ourense. 31 de outubro de 2014.- O pleno da Corporación Provincial aprobou hoxe inicialmente o orzamento xeral da Deputación de Ourense para 2015, un orzamento que novamente experimenta unha subida con respecto do ano anterior (un 2,65 %), pasando de 73.700.000 euros a 75.707.000 euros, e contempla a porcentaxe máis alta de investimento na historia da Deputación de Ourense, destinándose a inversión máis de 17,1 millóns de euros, incrementándose un 30,7 % a dotación en investimentos. Neste senso, adoptouse o seguinte acordo:

1º.- Aproba-lo orzamento xeral da Deputación provincial de Ourense para o ano 2015.

2º.- Aprobar as Bases de Execución do Orzamento Xeral, segundo figuran no expediente.

3º.- Aprobar os cadros de persoal, que se dividen en persoal funcionario, laboral e eventual, de acordo co art.126 do Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto lexislativo 781/1986.

4º.- De acordo co art. 169 da LRFL, o orzamento xeral será exposto ó público, previo anuncio no boletín oficial da provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalos e presentar reclamacións ante o Pleno. O orzamento considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

Por outra banda, o pleno da Corporación provincial aprobou tamén o Himno oficial da provincia de Ourense en base ao seguinte acordo: declarar a obra de Manuel de Dios "Ourense no Solpor" como himno oficial da provincia de Ourense, e ordenar a publicación deste acordo no BOP, para público e xeral coñecemento.

 

Outros acordos da sesión plenaria de hoxe venres 31 de outubro de 2014 foron os seguintes:

 

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE – GRAO DE ENXEÑERÍA FÍSICA

O Pleno da Deputación Provincial de Ourense, acorda:

Urxir á Xunta de Galicia e á Universidade de Vigo a que, antes do prazo límite do próximo 1 de decembro, procedan de oficio á iniciación do procedemento de implantación no Campus de Ourense do grao de Enxeñería Física para o vindeiro curso académico 2015-2016

 

APROBACIÓN INICIAL DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO 2015

Acordo:

1º.- Aprobar inicialmente a Relación de Postos de Traballo 2015 do persoal da Deputación Provincial de Ourense, segundo o documento que consta no expediente.

2º.- Someter a información pública, durante o prazo de 15 días hábiles, o documento inicialmente aprobado, mediante anuncio no BOP, para a formulación de alegacións ou reclamacións. Se transcorrido o prazo de información pública non se formulan alegacións ou reclamacións, entenderase automaticamente aprobada de forma definitiva. Se se formulan alegacións ou reclamacións estar serán resoltas polo Pleno.

 

APROBACIÓN INICIAL DO PLAN DE ORDENACIÓN DE RECURSOS HUMANOS 2015

Acordo:

1.-Aprobar inicialmente o Plan de Ordenación de Recursos Humanos 2015 da Deputación Provincial de Ourense.

As disposicións de natureza normativa do presente Plan de Ordenación de Recursos Humanos entrarán en vigor ó día seguinte ó da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, sen prexuízo da súa retroactividade, con efectos do 1 de xaneiro de 2015, nos casos expresamente contemplados nas ditas disposicións normativas. En todo caso, non terán efecto retroactivo as disposicións restritivas de dereitos dos empregados públicos.

O Plan terá vixencia indefinida ata a súa substitución ou modificación por un Plan posterior ou norma de superior rango xerárquico.

2.- Someter a información pública, durante o prazo de 30 días hábiles, a documentación inicialmente aprobada, mediante anuncio no BOP, para a formulación de alegacións ou reclamacións. Se transcorrido o prazo de información pública non se formulan alegacións ou reclamacións, entenderase automaticamente aprobado de forma definitiva. Se se formulan alegacións ou reclamacións estas serán resoltas polo Pleno.

 

RATIFICACIÓN DA MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DO CONSORCIO DO CENTRO ASOCIADO DA UNED, PARA A SÚA ADAPTACIÓN Á LEI DE RACIONALIZACIÓN E SOSTIBILIDADE DA ADMINISTRACIÓN LOCAL E Á LEI DE RACIONALIZACIÓN DO SECTOR PÚBLICO

Acordo:

Ratificar o acordo adoptado polo Padroado do Consorcio da UNED, de data 16 de outubro de 2014, de modificación dos estatutos do dito consorcio para adaptalos á Lei de racionalización e sostibilidade da administración local e á Lei de racionalización do sector público.

 

APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO N.º 1/2014, DO INORDE

Acordo:

1º.- Modificar as bases de execución do orzamento do INORDE para o exercicio 2014, dotando no capítulo 4º de gastos a aplicación orzamentaria 422.11/489.01 "a familias e institucións sen fins de lucro nominativas", con cargo á 422.11/400.00 de "transferencias correntes-achega da Deputación Provincial de Ourense", as subvencións nominativas que se indican:

Entidade

Concepto

Importe €

Clube Pesca Fluvial Arenteiro

Gastos de funcionamento

9.000.-

Asociación Cultural Civitas Limicorum

Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia, edición 2014.

 

12.000.-

Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín (Eurocidade –Chaves-Verín, AECT)

Gastos de funcionamento

 

 

 

 

21.000.-

Concello de Pontedeva

Ampliación vial e dotación servizos polígono trazado.

 

17.988.-

Total:

59.988.-

 

2º.- De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ó público tralo anuncio no BOP, por quince (15) días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

 

EXPROPIACIÓN FORZOSA PARA A EXECUCIÓN DA OBRA DE MELLORA DA ESTRADA PROVINCIAL OU-114 VILAR DE SANTOS (OU-321)-PONTELIÑARES (OU301), N.º 103/PB/2013, EN VILAR DE SANTOS

Acordo:

1º.- Aprobar o proxecto técnico da obra de mellora da estrada provincial “OU-1114 Vilar de Santos (OU-321)-Ponteliñares (OU-301)”, n.º 103/PB/2013, no Concello de Vilar de Santos, así como o anexo de expropiacións, no que se inclúe o plano parcelario e a relación de bens afectados.

2º.- Ter por declarada a utilidade pública das obras mencionadas, de conformidade co disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, de 28 de xuño, de estradas de Galicia.

3º.- Acordar definitivamente a necesidade de ocupación dos terreos incluídos na relación de bens e dereitos afectados pola expropiación.

N.ºPARCELA EXPEDIENTE

N.º PARCELA/POL.

CATASTRO

TIPO PARCELA

PROPIETARIO EXPEDIENTE

M2

EXPROP

6

1163/501

MONTE

MANUEL LAMA ANDRADE

162,61

13

1074/501

MONTE

ISABEL QUINTAS DACAL

69,69

14

1076/501

LABRADÍO

XESTORA BANTEGAL, S.A.

83,58

15

1077/501

MONTE

BENITO SALGADO ALVAREZ

32,43

 

4º.- Notificarlles este acordo aos interesados, de conformidade coa lexislación vixente.

RATIFICACIÓNDA SUBSCRICIÓN DO PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE E O CONCELLO DE BEADE, PARA A REHABILITACIÓN DA CASA DO CONCELLO DE BEADE

Acordo:

Ratificar a subscrición do Protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o concello de Beade para a rehabilitación da casa do concello de Beade, asinado na data 19.09.2014 polos representantes das tres administracións implicadas.

 

APROBACIÓN DA MOCIÓN  de expropiación forzosa urxente para a ocupación temporal para a redacción do “PROXECTO DE TRAZADO DE ACCESO Ó NÚCLEO DE POBOACIÓN DE SAN VICENTE DE LEIRA”, no concello de Vilamartín de Valdeorras

Acordo:

  1. 1.Ter por declarada a utilidade pública a ocupación temporal dos bens e dereitos que continuación se relacionan de conformidad co disposto no artigo 18.5 da Lei 8/2013, de 28 de xuño, de estradas de Galicia.
  1. 2.Acordar definitivamente a necesidade de ocupación, con carácter urxente, dos bens incluídos na relación de bens e dereitos afectados pola expropiación.

NºPARCELA EXPTE

Nº POLÍGONO/PARCELA

CATASTRO

TIPO PARCELA

PROPIETARIO EXPEDIENTE

M2

OCUPACION TEMPORAL

1

17/3591

RÚSTICA

ROGELIO ARIAS RODRIGUEZ

744

2

25/1596

RUSTICA

C.M.V.M.C DE SAN VICENTE DE LEIRA

64

3

17/3315

RUSTICA

JOSE LUIS ALVAREZ ALVAREZ

64

4

27/2330

RUSTICA

ENRIQUE TRINCADO ALVAREZ

7,20

5

27/2329

RUSTICA

MARÍA FERNANDEZ ALVAREZ

74

6

27/2491

RUSTICA

LISARDO FERNANDEZ ALVAREZ

64

7

27/2497

RUSTICA

PEDRO ALVAREZ SANCHEZ

64

 

  1. 3.Publicar e notificar este acordo ós interesados, de conformidade coa lexislación vixente.

 

APROBACIÓN DA MOCIÓNEN RELACIÓN COAS ACTUACIÓNS DO GOBERNO GALEGO  PARA EVITAR A DISCRIMINACIÓN QUE SOFREN OS EMIGRANTES RETORNADOS COA TRIBUTACIÓN DAS PENSIÓNS PERCIBIDAS NO ESTRANXEIRO

Acordo:

O Pleno da deputación insta ao Goberno Galego a reclamar do Goberno do Estado a que no marco da modificación fiscal que está tramitando se modifique a lei 35/2006 para garantir que as pensións que perciben os  e as emigrantes retornadas do estranxeiro teñan un trato fiscal idéntico ao resto dos pensionistas.