O pleno do Debate sobre o estado da provincia celebrarase o vindeiro 13 de novembro

Compartir

Ourense, 21 de outubro de 2019.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, informou hoxe, trala reunión da Xunta de Portavoces da institución provincial, que o Debate sobre o estado da provincia de Ourense correspondente ao ano 2019 celebrarase o mércores 13 de novembro, ás 10.00 horas, no Salón de Plenos do Pazo Provincial, co habitual formato desta sesión plenaria extraordinaria. Este será o quinto debate sobre o estado da provincia, tralos celebrados en 2014, 2016, 2017 e 2018 –en 2015 non se celebrou por coincidir en período pre-electoral-, sendo a Deputación de Ourense o primeiro goberno provincial de Galicia e un dos primeiros de España en realizar un debate destas características.

Manuel Baltar destaca que esta iniciativa, contemplada no Código Ético e de Conduta da institución provincial, "incide no compromiso de goberno aberto e transparencia coa cidadanía por parte da Deputación de Ourense, por medio dun debate plenario para analizar a situación actual da provincia e os proxectos e propostas dos grupos políticos na corporación provincial", expresa o presidente.