O presidente da Deputación asiste á clausura da exposición "40 años de estilo Verino" na Sala Valente

Compartir
 

  • Luis Menor valora o traballo realizado por Roberto Verino ao longo destas catro décadas, claves para Ourense como referente do sector téxtil.

Ourense, 25 de abril de 2024.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu hoxe na Sala Valente da cidade, á clausura da exposición "40 años de estilo Verino", unha retrospectiva do traballo do deseñador ourensán con imaxes de "top models". A mostra, que comezou en Verín en xuño de 2022 para conmemorar os 40 anos da marca, pecha así as súas portas en Ourense logo de estar aberta ao público desde o pasado 14 de marzo.

Luis Menor valora o traballo realizado por Roberto Verino ao longo destas catro décadas, claves para Ourense como referente do sector téxtil.

A exposición, composta por unha selección de fotos e vídeos que axudan a entender a esencia do #estiloverino, completouse cunha pequena mostra exterior na rúa do Paseo con fotografías inéditas de todo o percorrido que fixo a mostra polas nove cidades anteriores: Verín, A Coruña, Santiago, Oviedo, Burgos, Madrid, Valencia, Santander, Sevilla e Barcelona.