O presidente da Deputación asiste á presentación do proxecto "A esencia da Orixe"
Verea, 19 de novembro de 2023.- O presidente da Deputación, Luis Menor, acompañado polo vicepresidente terceiro, Plácido Álvarez, asistiu hoxe en Verea á presentación do proxecto "A Esencia da Orixe" no que colaborou a institución provincial. Un evento organizado polo GDR Limia Arnoia, Eurorural e o GDR Pontevedra Norte, co apoio tamén da Axencia de Desenvolvemento Rural.
A arte e a música mesturáronse coa alta cociña da man de recoñecidos chefs, poñendo o foco nas materias primas e o territorio de onde saen os productos.
O acto celebrouse nun orixinal escenario como foi a Gandería Nogueira, na localidade de Pitelos.