O presidente da Deputación asiste á saída da “Ruta dos Zapateiros”, que recupera un camiño intimamente ligado ó labor destes artesáns

Compartir

Celanova, 21 de outubro de 2023.- O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou esta mañá en Celanova na saída da "Ruta dos Zapateiros", acompañando aos participantes e organizadores nesta iniciativa proposta pola asociación de Veciños Gutier Menéndez de Vilanova dos Infantes, co fin de lembrar un camiño intimamente ligado ó labor destes artesáns.

Esta andaina, cun percorrido de 17 quilómetros, leva aos participantes a percorrer o camiño que realizaban os zapateiros de Vilanova para achegarse a Allariz e adquirir o coiro que precisaban para confeccionar o calzado, así como para posteriormente vendelo nas feiras. A ruta que se estrea hoxe cun marcado carácter etnográfico e antropolóxico transcorre por zonas de interese turístico, paisaxístico e natural da zona.