O presidente da Deputación de Ourense participa na Festa do Emigrante de San Xoán de Río
San Xoán de Río, 9 de agosto de 2024.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na Festa do Emigrante de San Xoán de Río que organiza o Concello desde hai 40 anos para render homenaxe aos seus emigrantes que, nestas datas, retornan ao seu lugar de orixe e puideron desfrutar da II edición da Festa de Exaltación da Tenreira de San Xoán de Río.
Nesta ocasión, realizouse a primeira homenaxe a persoeiros oriúndos de San Xoán de Río que desenvolveron a súa actividade profesional, laboral e vital fóra desta localidades, pero sempre orgullosos da súa orixe. Este recoñecemento á emigración recaeu no cónsul de Filipinas en Galicia, José Rodríguez Rodríguez.
Tamén no marco desta celebración houbo un espazo dedicado aos produtores locais da Ribeira Sacra, Valdeorras e Terras de Viana, que expuxeron os seus produtos gourmet e cosmética ecolóxica neste mercado "arraigo á terra". Foi precisamente neste espazo onde o Inorde está a participar cun stand propio para amosar aos visitantes o traballo que realiza a institución provincial de apoio e asesoramento ao sector primario.