O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asistiu en Celanova á inauguración do hotel Acouga

Compartir

Ourense, 1 de marzo de 2023.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistiu esta mañá en Celanova á inauguración do hotel boutique Acouga. O acto estivo presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e contou coa presenza do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o alcalde de Celanova, Antonio Puga; o delegado da Xunta, Gabriel Alén; alcaldes da comarca e os promotores do proxecto hostelero.