O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reúnese coa xunta directiva do Colexio de Arquitectos de Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa xunta directiva do Colexio de Arquitectos de Ourense, encabezada polo seu presidente, Alberto de Paula, e integrada por Emma Noriega, secretaria; Paula Feijóo, Tesoureira, e Elvira Carregado, vogal, con quen analizou a situación profesional do colectivo de arquitectos na provincia de Ourense, así como proxectos e iniciativas que están a desenvolver. Entre elas figura establecer unha colaboración para levar a cabo unha actividade cultural e de promoción da arquitectura, que xa se está a realizar a capital de Ourense, consistente en trasladar ás vilas máis importantes da provincia aspectos de divulgación das rúas e edificios máis salientables para que os máis cativos aprendan a valorar a importancia da arquitectura no ámbito social, cultural e histórico.
No que atinxe á prestación de servizos municipais, os arquitectos e o presidente provincial analizaron o servizo que neste senso está a prestar a deputación o respecto da asesoría urbanística os pequenos e medianos concellos, e concordaron en abrir liñas de colaboración entre ámbalas dúas institucións para seguir mellorando as canles de relación e comunicación así como as iniciativas que se lle poidan presentar á sociedade ourensá.