O presidente da Deputación, na Festa do Pemento de Oímbra
Oímbra, 6 de agosto de 2023.- O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, vistou hoxe Oímbra con motivo da celebración XXVI Feira do Pemento, na que se prepararon ao redor de 1.500 quilos deste produto, amparado baixo unha Indicación Xeográfica Protexida, ademais de ser unha cita que conta coa condición de Festa de Interese Turístico Galega.
Luis Menor participo no acto de recoñecemento á veciñanza que aportou a súa creatividade culinaria para facer recetas gastronómicas que teñen como principal ingrediente o pemento, propostas que darán forma á próxima edición do libro de recetas que se publicará con motivo da feira de 2024.