O presidente da Deputación participa na Festa da Istoria
Ribadavia, 26 de agosto de 2023.- O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participa na Festa da Istoria, que este ano alcanza a súa 34ª edición e que está Declarada de Interese Turístico Nacional. No evento tamén estivo o vicepresidente segundo e alcalde de Ribadavia, César Fernández, así como o seu homólogo en Arnoia, Rodrigo Aparicio. Ademáis, neste importante evento lúdico e cultural tamén participaron os conselleiros da Xunta de Galicia de Medio Rural e Cultura, José González e Román Rodríguez, respectivamente.
As actividades da XXXIV Festa da Istoria desenvolveranse durante toda a xornada de hoxe, mentres que o mercado tradicional continuará mañá durante todo o día na Alameda da capital do Ribeiro.