O presidente da Deputación participa na XII Festa do Cordeiro de Chandrexa de Queixa
Luis Menor ratificou o apoio da institución provincial a esta festa gastronómica que enxalza desde hai doce anos un dos produtos gandeiros máis senlleiros deste municipio do Macizo Central
Chandrexa de Queixa, 02 de setembro de 2023.- O presiente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na XII Festa do Cordeiro de Chandrexa de Queixa, ratificando así o apoio da institución provincial a esta celebración gastronómica que enxalza desde hai doce anos un dos produtos gandeiros máis senlleiros deste municipio do Macizo Central.
A festa comezou cunha degustación gratuita de cordeiro ao espeto, seguida da sesión vermú a cargo do dúo Xilo e Carlos. A continuación, tivo lugar o xantar popular no que os asistentes degustaron empanada de iscos, pementos, cordeiro ao forno, bica, café e chupitos, todo elo amenizado pola charanga Nova Terra de Trives.