O presidente da Deputación reúnese coa directiva do Ourense CF

Compartir

Ourense, 16 de xuño.- O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co presidente e vicepresidente do Ourense CF, Camilo Díaz e Alberto Quintas. Neste encontro de traballo, Manuel Baltar felicitou aos directivos polo ascenso a Segunda RFEF, repasando tamén as liñas de cooperación abertas entre a Deputación e este club ourensán.