O presidente do Inorde participa na reunión de constitución da comisión de seguimento do PST "Ourense colle velocidade: vilas históricas e termais"
Ourense, 7 de xuño de 2024.
O presidente do Inorde e deputado provincial de Turismo, Rosendo Fernández, participou por videoconferencia, na reunión de constitución da comisión de seguimento do Plan de Sustentabilidade Turística "Ourense colle velocidade: vilas históricas e termais". Estivo acompañado polo secretario da Deputación, Juan Marquina; e pola xerente do PST e xerente do Inorde, Emma González.
Este Plan da Deputación, dotado con 1,5 millóns de euros dos Fondos Next Generation, pretende liderar desde unha visión integral de provincia, a transformación competitiva das vilas termais e cascos históricos.
As actuacións que inclúe este PSTD xiran en torno a catro eixos: transición verde e sostible; eficiencia enerxética, transición dixital e competitividade.