O presidente provincial asiste ao acto conmemorativo do 40º aniversario da Comisaría de Ourense

Compartir

Ourense, 21 de xuño de 2024.

O presidente provincial, Luis Menor, asistiu hoxe ao acto conmemorativo do 40º aniversario da Comisaría de Ourense.

Este edificio policial, considerado hoxe en día das mellores infraestruturas deste tipo en España, foi deseñado polos arquitectos ourensáns Javier Suances, o falecido Xosé Henrique Rodríguez Peña, Luis Antonio Chao e Luis Garayzabal que proxectaron o edificio da Comisaría, entón a máis moderna de España.

No acto de quedou de manifesto que aquel proxecto tan innovador, con materiais de alta calidade, adaptouse de forma sobresaínte ao paso do tempo e hoxe en día mantense como un dos edificios policiais de referencia en toda España.