O presidente provincial, Luis Menor, participa na inauguración da mostra “Making movies” do OUFF

Compartir

Menor destacou o carácter "transversal, social e innovador" do OUFF

O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe na inauguración da mostra “Making movies” do OUFF, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.  Menor destacou o carácter "transversal, social e innovador" do OUFF, posto que o festival, dixo, "non son só películas, tamén actividades paralelas que contribúen a dinamizar a cultura", como o caso desta exposición.

 

Neste sentido, reafirmou o compromiso da Deputación co futuro do festival e coa cultura, apoiando iniciativas coma esta mostra.