O Proxecto Raia Seca Gerês-Xurés expón os seus resultados nunha publicación que sintentiza a análise e diagnóstico territorial do AECT

Compartir

Os concellos ourensáns que forman parte deste futuro AECT serán Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios, Lobeira, Baltar, Padrenda, Verea, Quintela do Leirado, Muíños, Cualedro, Oímbra e Monterrei. O norte de Portugal estará representado por Montalegre, Terras de Bouro, Ponte da Barca, Arcos de Valdevez e Melgaço

O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acolleu o evento final deste proxecto europeo, cuxo obxectivo é mellorar a eficiencia das administracións públicas promovendo a cooperación xurídica e administrativa e a colaboración entre os cidadáns, os representantes da sociedade civil e as institucións, con miras a resolver obstáculos xurídicos e trabas doutra índole nas rexións fronteirizas

Ourense, 29 de novembro de 2024.

O Centro Cultural Marcos Valcarcel albergou o Seminario transfronteirizo sobre a Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza (AECT) Raia Seca Gerês-Xurés. Este evento final forma parte das actividades a desenvolver dentro do proxecto Raia Seca Gerês-Xurés, proxecto cofinanciado ao 75% polo FEDER a través do Programa INTERREG VI A España - Portugal (POCTEP) 2021-2027, que ten como obxectivo final a creación da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) na Raia Seca e a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX).

No acto de hoxe foron presentados os resultados do proxecto, a cargo d xefe da Sección de Planificación, Seguimento de Investimentos e Proxectos Europeos da Deputación, Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa; e do secretario do CIM Alto Minho, Paulo Queiroz. Tamén foi presentada publicación titulada "Síntese da análise e do diagnóstico territoriais do futuro AECT Raia Seca Gerês-Xurés", a cargo da profesora da Universidade de Santiago de Compostela e directora do libro, Valeria Paul Carril

O proxecto ten como socios portugueses a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM Alto Minho), Comunidade do Vale do Cávado (CIM Cávado) e a Comunidade Intermunicipal do Alto Tâmega e Barroso (CIMAT), e da parte ourensá a Deputación de Ourense e o Inorde.

Os concellos ourensáns que forman parte desta futura AECT serán os de: Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios, Lobeira, Baltar, Padrenda, Verea, Quintela do Leirado, Muíños, Cualedro, Oímbra e Monterrei. O norte de Portugal estará representado polos municipios de Montalegre, Terras de Bouro, Ponte da Barca, Arcos de Valdevez e Melgaço.

O obxectivo deste proxecto é mellorar a eficiencia das administracións públicas promovendo a cooperación xurídica e administrativa e a colaboración entre os cidadáns, os representantes da sociedade civil e as institucións, en particular con miras a resolver obstáculos xurídicos e trabas doutra índole nas rexións fronteirizas.

Neste contexto, as administracións locais toman a iniciativa de promover a intensificación das dinámicas transfronteirizas xa existentes, a través da creación dunha Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) que facilite a xestión do "ben común" e promova o desenvolvemento deste territorio transfronteirizo de forma colaborativa e harmoniosa.

O Comité de Xestión do Programa de Cooperación Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027, na súa reunión do 6 de xuño de 2023, acordou a concesión de unha axuda FEDER de 260.792,71 euros, dun orzo total de 347.723,62€, ó proxecto RAIA SECA GERÊS-XURÉS: Gobernanza Transfronteiriza da Fronteira Interior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, presentado á Segunda convocatoria, do cal a Deputación de Ourense é socio, cun orzo total de 121.250 euros.

O xerme desta iniciativa foi a sinatura de Declaración Conxunta para a Constitución da AECT no contexto da "Raia Seca" e da RBTGX, que tivo lugar o pasado 14 de decembro de 2022 en Arcos de Valdevez, e que asinaron 8 entidades portuguesas e 14 entidades ourensáns, 13 concellos arraianos e a súa promotora, a Deputación de Ourense.