O señor das dunas, espectáculo para toda a familia no centro cultural

Compartir

“O señor das dunas” é un espectáculo pensado para toda a familia e que se poderá presenciar no centro Cultural da Deputación o vindeiro sábado, día 26 de maio ás 19:00 horas.
Trátase dun espectáculo de narración oral, que se complementa cunha animación simultánea de area, onde van aparecendo debuxados os personaxes de cada historia.
Esta iniciativa cultural que acolle a Deputación de Ourense enmárcase dentro do programa de dinamización ligüistica “FalaRedes” da Xunta de Galicia, en colaboración con Merlin Comunicación (editorial Galaxia).
Historias fantásticas con personaxes que van cobrando vida grazas á luz e á area, xunto cun náufrago que coñece innumerables contos e historias.


O acceso ao espectáculo é gratuito, ate completar o aforo. Os nenos asistentes recibirán, ao remate do espectáculo, un libro de contos.
Espectáculo: O señor das dunas
Día: 26 de maio (venres)
Hora: 19:00 horas
Acceso libre