O Teatro Principal acolle á compañía Abrapalabra Creacións coa obra "Decamerón"

Compartir

O Teatro Principal de Ourense acolle mañá sábado, 2 de febrero, ás 20.30 horas, á compañía Abrapalabra Creacións coa obra "Decamerón", escrita por Giovanni Boccaccio e dirixida por Cándido Pazó.

O argumento da obra relata que Boccaccio que, fuxindo dun mortífero andazo, uns mozos toparon refuxio nunha bucólica quinta campestre e, para se entreter, deron en se contar historias uns aos outros. Era en Florencia, no século XIV. Fuxían da peste bubónica. A nosa, aquí e hoxe, é a peste económica. Un andazo do que, a mayoría, non podemos fuxir. Dun clásico galego a un clásico universal. Un monólogo directo e dinámico, de forte e aguda comicidade, ideal para tempos ruíns, nos que o exercicio catártico da risa é máis necesario ca nunca.

VENDA DE ENTRADAS:

A venda anticipada de entradas para a función de "DECAMERON" está dispoñible a través de www.novagaliciabanco.es e do teléfono 902434443. Na taquilla do teatro os días 1 e 2 de febreiro de 11:00h a 13:30h e unha hora antes do inicio da función. O prezo das localidades é de 8€ (butaca, platea, 1º andar), 7€ (2º andar), 5€ (paraíso e VR).

PATROCINA: Teatro Principal de Ourense- Deputación Provincial de Ourense

COLABORA: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.