O Teatro Principal presenta "La barraca del zurdo", de Emilio Goyanes
O vindeiro venres, 15 de xuño, ás 21.00 horas, o Teatro Principal de Ourense acolle a presentación da obra "La barraca del zurdo", de Emilio Goyanes, unha obra que pon en escena a compañía de teatro "La vi e bel".
Daniel Buenaventura "o Zurdo", un extraordinario lanzador de coitelos, fundou a súa Barraca en 1920, xunto á súa muller Aurora. Durante 90 anos a Barraca do Zurdo, percorreu o mundo con espectáculos moi diversos e especiais, dende o seu pequeno teatro nómade. Os fillos e netos do Zurdo mantivérona viva.
Estiveron nas Misións Pedagóxicas durante a República, actuaron na fronte durante a Guerra Civil, partiron ao exilio a América e logo a Europa. En 1983 volveron por fin a España.
Este espectáculo é unha homenaxe a esa viaxe sen fin, a eses artistas de variedades que souberon manter o compromiso coa sociedade dende a súa arte ao longo de máis de 90 anos.
PREMIOS:
PREMIOS MAX.- Mejor espectáculo de Teatro Musical, Mejor Dirección Musical
VENDA DE ENTRADAS:
A venda anticipada de entradas para a función de “LA BARRACA DEL ZURDO” está dispoñible a través de www.novagaliciabanco.es e do teléfono 902434443. Na taquilla do teatro os días 14 e 15 de 11:00h a 13:30h. e unha hora antes do inicio da función. O prezo das localidades é de 12€ (butaca, platea), 9€ (1º andar), 8€(2º andar), 6€ (paraíso e VR).
ORGANIZA: Teatro Principal de Ourense
PATROCINA: Deputación Provincial de Ourense, Concello de Ourense, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, AGADIC.