O vicepresidente César Fernández asiste á inauguración do IV Congreso Internacional da Auga

Compartir

Ourense, 13 de outubro de 2022.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta mañá na Facultade de Dereito na inauguración do IV Congreso Internacional da Auga. Baixo o lema "Dereito e Auga no Horizonte 2030", a cita científica bianual do proxecto de especialización do Campus de Ourense como Campus Auga céntrase na análise dos recursos hídricos desde unha perspectiva xurídica, reunindo a especialistas estatais e internacionais neste eido procedentes de entidades públicas e privadas.

César Fernández estivo acompañado na inauguración polo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; a dacana da Facultade de Dereito, Marta Fernández; o tenente alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea; o director xurídico de Viaqua, Javier Puertas; a vicerreitora do campus de Ourense, Elena Rivo; a vicerreitora de Extensión Universitaria Susana Reboreda; responsables de centros do campus de Ourense e o director do Campus Auga, Roberto Ignacio Fernández.