O vicepresidente Rosendo Fernández acompañou á conselleira de Infraestruturas no inicio das obras da fonte termal na contorna da Capela dos Remedios
Ourense, 14 de novembro de 2022. O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, acompañou esta mañá en Ourense á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e de delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, no inicio das obras da fonte termal na contorna da Capela dos Remedios.
Esta nova actuación súmase ás intervención levadas a cabo para recuperar e poñer en valor a Ponte Romana e a contorna da Capela dos Remedios, que se executaron en dúas fases e supuxeron un investimento da Xunta de Galicia de 1,6 M€.