O vicepresidente Rosendo Fernández participou en Expourense na inauguración de Sportur

Compartir

Ourense, 24 de novembro de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá na inauguración da quinta edición de Sportur Galicia, o Salón do Deporte e Turismo Activo, que se celebra hoxe e mañá en Expourense coincidindo co III Congreso Internacional de Turismo Activo.

Rosendo Fernández estivo acompañado, entre outros, polo secretario xeral para o Depote, José Ramón Lete Lasa; o delegado da Xunta, Gabriel Alén; o subdelegado de Defensa en Ourense, Gustavo Doncel; e o propio director de Expourense, Rogelio Martínez. 

Co obxectivo de promocionar o turismo deportivo e analizar o seu impacto positivo, Sportur Galicia servirá de escaparate para que decenas de federacións e clubs deportivos de Galicia mostren a súa actividade.