O vicepresidente Rosendo Fernández participou na reunión do proxecto "Gran Senda do Sil"

Compartir

Ourense, 30 de agosto de 2022. - O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá en O Barco de Valdeorras na reunión do proxecto "Gran Senda do Sil". No encontro, celebrado no salón de actos do edificio multiusos da vila, tamén participaron representantes dos 32 concellos polos que discorre este río e dos gobernos provinciais de Lugo e León, ademais do presidente da Asociación Sil Sí, Julio Rubial. 

A iniciativa busca crear unha senda dende o nacemento do río Sil, en La Cueta (León), ata a súa desembocadura en Os Peares, co obxectivo da promoción destes territorios e a creación de emprego. Rosendo Fernández sinalou na súa intervención a "firme aposta da Deputación de Ourense pola dinamización do territorio", recalcando a importancia da "cooperación entre administracións para avanzar en proxectos como este".