O vicepresidente segundo da Deputación asiste á segunda edición do acto "O viño, un compañeiro de vida" en Beade

Compartir

Beade, 27 de xullo de 2024.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, asistiu esta tarde á segunda edición do acto "O viño, un compañeiro de vida" que se celebrou na contorna da Igrexa do San Roque en Beade.

No acto degustáronse viños da Denominación de Orixe do Ribeiro das diversas adegas de Beade, así como vinagres tamén autóctonos. A celebración estivo amenizada polo humorista David Amor e pola actuación de "Los lunes al sol".