O vicepresidente segundo da Deputación participa na presentación da Estratexia Galega de Economía Social da Xunta
Ribadavia, 31 de xaneiro de 2024.- O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou hoxe na presentación da Estratexia Galega de Economía Social da Xunta de Galicia, que correu a cargo da conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade, Elena Rivo, nas dependencias da Cooperativa Viña Costeira en Ribadavia.
A segunda estratexia galega de economía social: Horizonte 2027 buscará profesionalizar e diversificar as actividades desenvoltas baixo estas fórmulas económicas e facelas aínda máis atractivas para mulleres e persoas mozas.