O vicepresidente segundo da Deputación participa na presentación de "Xoldra de Aguiar"
Ourense, 19 de xullo de 2024.
O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández, participou esta mañá na delegación da Xunta en Ourense, na presentación de "Xoldra de Aguiar" que se celebrará o 14 de setembro no concello de Pereiro de Aguiar.
O principal obxectivo deste evento é a posta en valor do rural coa cultura das festas populares como instrumento catalizador dun evento musical durante o día, desde a sesión vermú ata a noite, ademais de contar con programación infantil.