O vicepresidente terceiro da Deputación participa na Comisión Executiva do Eixo Atlántico
Ourense, 22 de novembro de 2023.- O vicepresidente terceiro da Deputación de Ourense, Plácido Álvarez, participou hoxe, por videoconferencia, na reunión da Comisión Executiva do Eixo Atlántico na que se aprobou a ampliación a 42 membros. A Asemblea Xeral, que se celebrará o 1 de febreiro en Vila Nova de Famalicão, deberá ratificar a incorporación do municipio de Fafe ao Eixo Atlántico.
Na xuntanza analizouse tamén os plans elaborados en materia de innovación social e, en especial, ao Mapa de Cohesión Social, primeiro en Europa de un sistema urbano transfronteirizo, a Axenda con actuacións para o reto demográfico, o Plan de Descarbonización das cidades do Eixo Atlántico e o Informe Socioeconómico de 2022, entre outros asuntos.