O vicepresidente terceiro da Deputación, Plácido Álvarez, asiste á XXIV Festa dos Callos Limiaos en Lobios
Lobios, 20 de agosto de 2023.- Con motivo da vixésimocuarta edición da Festa dos Callos Limiaos, o vicepresidente terceiro da Deputación de Ourense, Plácido Álvarez, asistiu en representación da institución provincial a esta celebración que xa é toda unha tradición do verán na Baixa Limia e que cumpre cun dos obxectivos da Deputación Provincial: a dinamización dos territorios e das comarcas.
Organizada pola Asociación Cultural da Festa dos Callos e da Carretada, a Festa dos Callos Limiaos naceu co obxectivo de ser un lugar de encontro entre os veciños que pasan todo o ano na localidade e aqueles que emigraron e que deciden pasar en Lobios as vacacións de verán.