O XI Rally Ourense Ribeira Sacra 2023 e III Memorial Roberto Soto trae esta fin de semana o mellor do motor galego, co apoio da Deputación

Compartir

Esta proba, puntuable no Campionato Galego de Rallies, foi presentada esta mañá na Ponte Romana coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Deportes, César Fernández

O venres 15 de setembro disputarase o tramo en Castro de Beiro e o sábado 16 de setembro, a proba discurrirá nos tramos Maceda-Baldrei, A Tapada-Luintra, Castro-Lobaces e Melias-Luíntra

Ourense, 13 de setembro de 2023.- O entorno da Ponte Romana da cidade acolleu esta mañá a presentación do XI Rally Ourense Ribeira Sacra 2023 e III Memorial Roberto Soto, proba que forma parte do Campionato Galego de Rallies e que terá lugar o venres e o sábado, 15 e 16 de setembro, respectivamente.

Á presentación desta proba, na que están inscritos 146 vehículos, acudiu en representación da Deputación o vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, quen salientou "a importancia que teñen estas probas para a dinamización e posta en valor do territorio da nosa provincia".

Na primeira xornada, a do venres 15 de setembro, a proba disputarase no tramo de Castro de Beiro. Ao día seguinte, o sábado 16 de setembro, a competición desenvolverase nos tramos Maceda-Baldrei, A Tapada-Luintra, Castro-Lobaces e Melias-Luíntra.