Os alumnos do Obradoiro de Instrumentos da Deputación pecharon o curso 2022-2023 cun acto no Marcos Valcárcel
Ourense, 6 de xuño de 2023.- O vicepresidente segundo en funcións da Deputación de Ourense, César Fernández, participou esta tarde no Centro Cultural Marcos Valcárcel na entrega dos diplomas acreditativos do curso 2022-2023 do Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense, que foron impartidos por Manuel Brañas e Xosé Maceda.
Como peche do acto, o musicólogo, compositor e intérprete Abraham Cupeiro presentou o proxecto "Resoando no Pasado", unha colección de instrumentos no que o experto viaxa ao pasado máis remoto da nosa especie a través do son dos instrumentos de vento. Dende unha reprodución dunha pequena frauta de óso -do 46.000 AC- ata un gran Sousaphone orixinal do século XIX. Na colección, están representados instrumentos de todas as familias, lugares e épocas.