Os "III Premios Galicia Xestión Deportiva" recoñecen o traballo de empresas, deportistas, xestores e entidades que traballan a prol do deporte

Compartir

A Deputación de Ourense presentou hoxe a gala dos "III Premios Galicia Xestión Deportiva". O acto contou coa presenza do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o presidente da Asociación Galega de Xestores Deportivos, Eduardo Blanco; e o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González.

Estes premios recoñecen o traballo dos mellores xestores deportivos, persoas e entidades, así como os mellores estudos, patrocinios e xestión sostible no deporte en Galicia, que se entragarán nun acto que se celebrará o vindeiro venres, 26 de outubro, no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense.

Os galardóns determinados polo xurado dos III Premios Galicia a Xestión deportiva da Asociación Galega de Xestores Deportivos son os seguintes:

PREMIO AO MELLOR XESTOR DEPORTIVO

- Isidoro Hornillos Baz, licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e Presidente da Federación Galega de Atletismo, pola posta en marcha de programas de modernización da xestión da Federación cun elevado cumprimento dos mesmos.

PREMIO A MELLOR ACTIVIDADE OU PROGRAMA DEPORTIVO

- Plan Galicia Saudable. Este plan destaca pola rigorosa planificación e os proxectos do Plan que o converten nunha ferramenta de universalización da práctica deportiva a medio e longo prazo.

PREMIO O MELLOR CONCELLO DE MENOS DE 15.000 HABITANTES

- Concello de Ribadeo (Lugo) póla inversión e mellora feita na rede de infraestructuras para practica do deporte, que se traduce na posta en marcha de 17 modalidades de escolas deportivas e contar cun 65% de inscricións de nenos entre 5 e 14 anos

PREMIO Á MELLOR ENTIDADE PÚBLICA

- Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, pola promoción de eventos deportivos internacionais e estatais co obxectivo da promoción da cidade e a práctica deportiva entre os habitantes da mesma.

PREMIO Á MELLOR ENTIDADE PRIVADA

- Club de Regatas de Perillo, Club que vai cumprir 42 anos de actividade continuada. Ten como obxectivo a promoción e práctica das dúas modalidades de remo, banco fixo e remo olímpico mediante escolas de iniciación e competición

PREMIO AO MELLOR ESTUDO OU INNOVACIÓN

- Grupo de investigación en Gestión Empresarial Del Deporte-Universidad de Vigo. Este grupo de investigación universitario leva 10 anos investigando ou deporte desde a súa vertente económica e empresarial. En concreto destacan nos últimos anos por os seus estudos sobre ou impacto económico de eventos deportivos como o Rally de Ourense o do Campionato de España Master de Natación en Pontevedra o dos eventos deportivos como acción estrategica de mercadotecnia de cidades

PREMIO AO MELLOR PATROCINIO DEPORTIVO

- Gadisa, pola innumerable cantidade de accións de patrocinio deportivo que realizan ao longo do ano que fan que hoxe sexa difícil atopar unha actividade deportiva masiva na cal non este presente. Entre elas destaca a Carreira Alternativa que se celebra na Coruña

PREMIO A XESTION SOSTIBLE NO DEPORTE

-Sociedad de Pesca Deportiva Arenteiro, entidade que no próximo marzo cumprirá 50 anos traballando por unha práctica de pesca deportiva controlada preservando o rio do furtivismo. Ten ademais unha marcada vocación divulgativa e a satifación de promover o primeiro coto sen morte de Galicia e cun proxecto que nun par de anos permitirá que todas as troitas que se solten sexan autóctonas da zona.

PREMIO A XESTION DEPORTIVA DE INTEGRACION SOCIAL

- Centro Social Sagrada Familia ( A Coruña) dende o ano 1975 coa inauguración das súas instalacións deportivas, esta sociedade distínguese por traballar na súa tarefa de integración social da zona onde está situada por medio de actividades deportivas. Neste momento ten en marcha 11 actividades distintas amen de colaborar con diversos clubs, federacións e o Concello coruñés para a posta en marcha de actividades diversas abertas a toda a cidadanía.

O xurado, ademais, concede un recoñecemento especial a José Luis Baltar Pumar, polo seu apoio a AGAXEDE nestes últimos 5 anos.

Previamente á gala, Terán lugar unhas Xornadas Técnicas sobre Innovación Deportiva Municipal, en colaboración coa Asociación Galega de Xestores Deportivos, que terán lugar os vindeiros 26 e 27 de outubro no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense. O obxectivo é debater sobre os novos instrumentos e fórmulas que axuden a acometer con éxito a xestión deportiva nos pequenos e medianos municipios, de xeito especial nestes momentos de crise, que invita a contemplar con novos ollos o fenómeno deportivo.